lunes, 7 de febrero de 2011

Más allá de la vida (Hereafter)


"Máis alá da vida" ofrece excelentes interpretacións e un Clint Eastwood ao que lle interesa a vida máis que a morte, e o individuo máis que a sociedade, centrándose nas necesidades e aspiracións máis profundas do home.

Os oitenta anos de
Clint Eastwood permítenlle falar da morte e facelo cunha mirada madura. En "Máis alá da vida" sérvese de tres historias para asomarse ao final do túnel e considerar o medo, a soidade e a conspiración do silencio ante o tema máis humano. No sueste asiático, Londres e San Francisco vemos como unha xornalista se salvou milagrosamente dun tsunami, un neno perde o seu irmán xemelgo nun accidente e un médium trata infrutuosamente de levar unha vida normal. Son individuos que sofren de preto a presenza da morte e tamén a ausencia do ser querido, que necesitan aprender a vivir o presente sen medos nin inseguridades, que buscan respostas ou foxen da crua realidade que lles visitou... porque dende entón ven a vida doutro xeito.