sábado, 29 de enero de 2011

El concierto


O próximo xoves 3 ás 21:30 comezamos un novo ciclo no Cineclub Poleiro (Goián), coa proxección de "El Concierto", do director rumíano Radu Mihaileanu.

Ficha

Título orixinal: Le concert. Dirección: Radu Mihaileanu. Países: Francia, Italia, Romanía e Bélxica. Ano: 2009. Duración: 119 min. Xénero: Comedia, musical. Interpretación: Alexei Guskov (Andrei),Mélanie Laurent (Anne-Marie), Dimitri Nazarov (Sacha), Valeri Barinov (Iván), Miou-Miou (Guylène), François Berléand (Olivier),Anna Kamenkova (Irina), Lionel Abelanski. Guión: Radu Mihaileanu; coa colaboración de Matthew Robbins e Alain-Michael Blanc; baseado nun argumento de Héctor Cabello Reyes e Thierry Degrandi. Produción: Alain Attal. Música: Armand Amar. Fotografía:Laurent Dailland. Montaxe: Ludovic Troch. Deseño de produción:Christian Niculescu e Stanislas Reydellet. Vestiario: Viorica Petrovici e Maira Ramedhan Lévy. Distribuidora: Vertixe Films.

Sinopse

Os días de maior gloria para Andrei Filipov pasaron. O que fora o mellor director de orquestra da Unión Soviética tivo que renunciar ao seu posto na Bolshoi de Moscú, tras negarse a prescindir dos seus músicos xudeus, tamén amigos. Tres décadas despois, Filipové o limpador da Bolshoi e, accidentalmente, descobre un fax que é unha carta do Teatro de Châtelet invitando a orquestra oficial a dar un concerto en París. Filipov, entón, embárcase nunha empresa suicida: reunir os seus vellos amigos e levalos ata a capital francesa, facéndose pasar pola devandita orquestra e intentando así recuperar, nun gran concerto, a gloria dun pasado mellor.

5 comentarios:

  1. ¿Cómo me puedo hacer socia del cineclub? Gracias

    ResponderEliminar
  2. No momento de comprar un bono do Cineclub, un faise automáticamente socio del. Pasa polo Auditorio de Goiá, ás 21:30 do xoves 3 e algún dos colaboradores do Cineclub en taquilla, venderánche un bono, graciñas

    ResponderEliminar
  3. Hola
    Estoy impresionada. Muy buena la sala, no me lo esperaba, y la película ¡en versión original!, y además un corto...
    Muchas gracias a quien se encargue de organizar esto, no esperaba poder ir al cine viviendo aquí, mucho menos fuera de un centro comercial, que son la peste.
    Saludos

    ResponderEliminar
  4. Encántame que desfrutaras da nosa proposta, o primeiro xoves do vindeiro mes máis. O Cineclub Poleiro, englóbase dentro das propostas da asociación Eliseo Alonso de Goián. Grazas polos teus amables comentarios.

    ResponderEliminar