sábado, 10 de octubre de 2009

Programación do cineclub O Poleiro

O primeiro xoves de novembro, día 5 está programada The Visitor, o segundo traballo do americano Tom McCarthy, director tamén de Station Agent.

O xoves 3 de decembro, La Teta Asustada, unha cinta dirixida pola peruana Claudia LLosa e rodada nos barrios máis pobres de Lima. Oso de Ouro á mellor pelicula no Festival de Berlín e premio Internacional da crítica FIPRESCA.

O xoves 14 de xaneiro de 2010, La Escafandra y la mariposa, dirixida polo artista polifacético Julián Schnabel. Ganadora de dous Globos de Ouro á Mellor película estranxeira e Mellor Director e  catro candidaturas ós Oscar.

O xoves 4 de febreiro, unha traxicomedia romántica co producida por varios países europeos, Irina Palm dirixida por Sam Garbarski.

Os pases, poden solicitarse no auditorio de Goián ás 21.30 horas; o bono para as cinco películas custa 10 euros.

O cineclub Poleiro  conta co apoio da Concellería de Cultura do concello de Tomiño e a Federación de Cineclubes de Galicia. 

            O cineclub Poleiro mantivo a actividade no cine Avenida da Guarda entre 1998 e 2005 ata que pechou a última sala de cine do Baixo Miño. No 2008  retomou os ciclos no Auditorio de Goián, dotado polo concello de Tomiño cun equipo de proxección, son e pantalla.

No hay comentarios:

Publicar un comentario