lunes, 26 de abril de 2010

The Straight Story

lvin Straight (Richard Farnsworth) ten 73 anos, é viúvo, vive en Iowa coa súa filla minusválida Rose   (Sissy Spacek), padece unha enfisema, ten problemas de visión e de cadeira e acaba de sufrir un brusco desfalecemento. O médico recrimínalle a súa mala alimentación e o pouco que coida a súa saúde. Cando aínda está convalecente e necesita dúas muletas para calquera desprazamento, recibe unha chamada que alerta do grave estado de saúde de Lyle (Harry Dean Stanton), o seu irmán maior, con quen non se fala dende hai dez anos. Ao coñecer a noticia, Alvindecide emprender unha viaxe en solitario ata Wisconsin, onde viveLyle, co único medio de transporte que ten ao seu alcance: unha segadora.

miércoles, 21 de abril de 2010

Todos vós sodes capitáns

 O galego Óliver Laxe, único director español seleccionado en Cannes.

Xa se sabía, pero o festival fíxoo oficial onte na súa páxina web. Todos 
vós sodes capitáns, a primeira longametraxe do cineasta coruñés Óliver Laxe, rodado en Tánxer (Marrocos), é unha das 22 películas incluídas na Quincena de Realizadores de Cannes. A sección, fóra de concurso, é o espazo que o certame francés reserva, dende 1969, para favorecer a eclosión de novos autores e apoiar a diversidade cinematográfica. A fita opta tamén á Cámara de Ouro, o premio reservado aos mellores debuts.


"Na Quincena prima un cine comprometido co propio cine", resumiu
Laxe (París, 1982), fillo de emigrantes lugueses, satisfeito " e sobre todo en paz". "A partir de agora será máis doado facer o meu traballo". Na mesma sección, organizada durante o festival -do 12 ao 23 de maio-, se visionado algúns das primeiras películas de FassbinderHerzogJarmusch ou Scorsese.

É o único director español que presenta película en 
Cannes, onde en 2009 desfilaron AlmodóvarCoixet e Amenábar. A coprodución La mirada invisible, de Diego Lerman, e o papel de Javier Bardem en Biutiful, a película de Alejandro Iñárritu, completan a representación estatal este ano.

lunes, 12 de abril de 2010

My Blueberry Nights

Recibida con menor entusiasmo que cintas anteriores do cineasta chinés Wong Kar Wai, My Blueberry Nights, supón a primeira aventura americana deste autor, astuto retratista de personaxes en busca dunha liberación para a súa soidade.  Polo tanto a pesares de certos artificios aquí máis destacados ( o uso da fotografía ,si ben preciosa coma sempre no cine deste cineasta, quizás exerza un rasgo dun protagonismo excesivo fronte a uns personaxes que dentro da súa aparente sinxeleza, son unha mostra do desgarro do desamor), a cinta volta a ser unha vez máis un exponente do talento deste director, dotado para a beleza.

Cine Club Poleiro

Segue a programación para esta segunda parte do ano cinematográfico a cargo do Cine Club "Poleiro", coas súas proxeccións ás 21:30 no auditorio de Goián, tódos os primeiros xoves de cada mes. Despois de desfrutar do último traballo de Wong Kar Wai "My blueberry nights", e do análise do politico italiano Andreotti en "Il Divo", o próximo 6 de maio chega: "Tropa de elite", película de José Padrilha, sobre o traballo do exército brasileño na loita contra o narcotráfico nas favelas dunha grande cidade brasileña.