Xa temos aquí a programación do primeiro ciclo do Cineclub Poleiro, nesta nova tempada:
- Una educación, de Lone Shefig/ 7 de outubro.
- Estómago, de Marcos Jorge/ 4 de novembro.
- Sed de mal, de Orson Welles/ 2 de decembro.
- Two lovers, de James Gray/ 13 de xaneiro.
Lembrade que as proxeccións serán no Auditorio de Goián, en horario das 21:30h.
Bono para os catro filmes: 10 €
viernes, 24 de septiembre de 2010
miércoles, 15 de septiembre de 2010
Chungking Express
Rodada por Wong Kar Wai, nun breve período de rodaxe de Ashes of Time Redux( 1992-94), supuso un éxito internacional para o realizador, convertendo algúns dos personaxes do filme en auténticos iconos da escena moderna do momento, así como consagrar a carreira dun dos máis prestixiosos directores de fotografía: Christopher Doyle.
Estruturada en dúas historias onde o fío marcado polos abandonos amorosos e a busqueda como paliativo da soedade, Chungking Express, supón un novo exercicio de estilo propio deste cineasta; onde os encadres marcadas pola luz e os espacios reducidos, así como a música como fetiche dalgúns dos personaxes e os xiros narrativos, confiren ás películas de Wong Kar Wai, unha marca propia e profundamente fermosa que non perdería nos seus posteriores traballos, como por exemplo In the Mood for Love, 2046 ou a derradeira e a súa única aventura americana ata ó momento: My Blueberry Nights.
miércoles, 8 de septiembre de 2010
Curtocircuito
O festival +Curtocircuíto exhibe curtos de 21 países ata decembro
O outono cinematográfico de Santiago adiántase un pouco á estación e arranca esta semana co festival +Curtocircuíto. Onte exhibíronse as curtametraxes aglutinadas na sección de cine fantástico internacional, que se centra "en acontecementos prohibidos, estrañas e alarmantes". Este ano a programación do festival inclúe ademais cine fantástico español, curtos nominados aos premios da Academia de Cine Europeo, cine cubano, da zona da lusofonía, dos premios Goya da pasada edición e unha sección para público novo de entre 11 e 14 anos.
O director do certame, Tim Redford, explicou na presentación que se proxectarán un total de 52 curtos que proceden de 21 países. Dende setembro ata finais de decembro as oito seccións do festival proxectaranse no Auditorio de Galicia e repetiranse en catro centros culturais da cidade co fin de dar unha segunda oportunidade e achegar as pezas ao público. A entrada é gratuíta.
Este programa retoma a proxección de curtos tras a semana oficial de concurso que se celebra en maio e o Curtocircuíto na Rúa, que durante o verán exhibe pezas na zona monumental da cidade.
As oportunidades para ver cine continúan en Santiago o 23 de outubro co festival de cine árabe Amal e a 24ª edición de Cineuropa que encherá o mes de novembro con películas de todo o mundo baixo a premisa de cine comprometido, de calidade e que permita obter unha visión máis ampla do mundo.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)