martes, 5 de enero de 2010

Looking for Eric

Gañadora na última edición de Cine europa (XXIII), a cinta de Ken Loach, sen deixar de lado as problemáticas da clase obrera británica, relaxa un pouco o seu ton de denuncia para deixar unha comedia impagable sobre un carteiro amargado polas decisións tomadas na súa vida, que conta coa estimable axuda do seu idolo: Eric Cantona, interpretado polo mesmo futbolista, un icono entre os afeccionados do Manchester United. 
Asi, un marcha coa sensación da humanidade dos personaxes , coa cercanía do seu  compañerismo e amizade e todo co valor servido de varias sonrisas.
Iso si, é recomendable non vender entradas en anfiteatros que  poden mostrar unha visión óptima para espectáculos teatrais ou audicións musicais, ainda que non é válido para proxeccións cinematográficas se tes lámparas e demáis incomodidades polo medio.