martes, 1 de septiembre de 2009

REBELDES























Este ano vimos como se estreaba alá polo mes de xullo, a última película de Francis Ford Coppola, "Tetro", drama sobre o reencontro de dous irmás en Buenos Aires, despois dunha fuxida do entorno familiar do maior deles, deixando entrever na súa trama moitos misterios familiares que non se poden desvelar aquí. Dito isto, valenos de escusa para lembrar aquí unha das películas emblemáticas da carreira do seu director e que serviu de trampolín a unha serie de actores que saltaría a fama posteriormente, falamos de "The Outsiders", estreada aquí como "Rebeldes". Película que narra o enfrontamento entre un grupo de rapaces marxinados  que crecen na súa maioría sen referentes paternos, os "grasientos" e outro grupo de rapaces, fillos dos privilexiados economicamente , "os dandies",na sociedade americana dos 60. O guión basease no libro de Susan. E. Hilton, quen escribiu este libro con tan so dezasete anos e que tamén  foi resposable de "la ley de la calle", tamén levada ao cine polo propio Coppola. Aquí tedes un poster da película

1 comentario: