jueves, 10 de septiembre de 2009

UP

Aínda podemos gozar nos cines galegos desa marabilla da animación e do cinema en xeral que é Up, canto ao inconformismo ate un mundo que especula ata extremos que incluso intenta desfacernos do noso fogar e dos recordos que neles temos, é ante todo unha película para gozar por toda a familia, se ben, os máis pequenos da familia quizais non comprendan en toda a súa grandeza esa arranque excepcional en forma de historia de amor entre o protagonista e esa compañeira de viaxe de soños,quizais non cumplidos. Non comentarvos máis desta delicia salvo o feito de destacala como a nova xoia de Pixar (lembrar o talento de John Lasseter, detrás da maioría das súas obras, se ben, nesta ocasión a dirección corre a cargo de Pete Docter e Bob Peterson). Para ver o tráiler desta película pulsa aqui

Cartel de 'Up'

No hay comentarios:

Publicar un comentario