domingo, 15 de diciembre de 2013

On the road

Ano: 2012
País
Francia
Director
Walter salles
Reparto:
Garrett HedlundSam RileyKristen StewartAmy AdamsTom SturridgeDanny Morgan
Xénero
Drama | Road Movie
Sinopse:
Tras a morte do seu pai, Sal Paradise (Sam Riley), un neoiorquino que aspira a ser escritor, coñece a Dean Moriarty (Garrett Hedlund), un ex-presidiario dun encanto irresistible e casado coa liberada e sedutora Marylou (Kristen Stewart). Sal e Dean fanse amigos ao instante. Sedentos de liberdade e decididos a fuxir da rutina e a monotonía, emprender unha 
viaxe cara ao Sur con Marylou. Adaptación da novela homónima (1957) de Jack Kerouac, obra clave da xeración "Beat", que describe unha viaxe desenfreada a finais dos anos corenta.
Crítica de José Arce

Hai que gabar a fidelidade ao texto orixinal que recolle a adaptación de José Rivera, a partir da cal o cineasta erixe un conxunto cun moi bo espectro técnico xeral fotografía, edición, banda sonora, dirección artística... pero que se constrúe como unha insoportablemente aburrida sucesión de postalitas mortas. Técnica sen vida, cun ritmo en estado vexetativo durante o periplo de autodescubrimento, fascinación e frustración do protagonista, un comatoso pulular por uns Estados Unidos recén entrados na Guerra Fría e á caza dunha identidade social que contrasta cunha Europa sumida na dor posterior á II Guerra Mundial.