sábado, 28 de septiembre de 2013

Searching for Sugar Man




Searching for Sugar Man
Director: Malik Bendjelloul
Intérpretes: Sixto RodríguezDennis CoffeyStephen "Sugar"Segerman
País: Gran Bretaña, Suecia Ano: 2011. Data de estrea: 22-02-2013
Duración: 85 min.
Xénero: Documental e Musical.


Por Joan Pons
Pídelle o que queiras a 'Searching for Sugar Man' como documental musical, que cho dá. É didáctico? Si. É creativo? Tamén. Emotivo? Moito. E non só iso: é moi orixinal sen perder nunca a factura clásica, utiliza a prestidixitación das obras de ficción para revelar aspectos da realidade e, ao final, cativa tanto o buscador de oñecemento como ao público raso. Que misterio encerra, pois, a historia do cantautor Sixto coñecemento como ao público raso. Que misterio encerra, pois, a historia do cantautor Sixto Rodriguez que resulta tan difícil encontrar a alguén que non lle guste? Pois que conta unha relato bigger than life. E enriba, aínda que en moitos tramos poida parecer un fake, é verdade.

domingo, 1 de septiembre de 2013


A mellor oferta
Director: Giuseppe Tornatore
Intérpretes: Geoffrey RushJim SturgessDonald Sutherland,Sylvia Hoeks
País: Italia Ano: 2013. Data de estrea: 05-07-2013
Duración: 124 min.
Xénero: Drama e Romance.

Por Fausto Fernández
Unha falsificación ten sempre algo verdadeiro en si mesma. Esta frase, convertida case no leit motiv da película de Giuseppe Tornatore, define exactamente o que 'A mellor oferta' é: unha falsifcación (exquisita, ás veces )xenérica (o fantástico decadente romántico italiano) en cuxo fondo se encerra unha verdade: que o autor de 'Cinema Paradiso' (1988) sempre acaba cedendo ás súas veleidades sentimentaloides. Pero antes dese fnal, asistimos a unha canónica historia de amores de ultratumba. O hermético, sibarita e misóxino subastador solitario encarnado porGeofrey Rush, será levado a unha mansión semiabandonada atraído por unha renda espectral, e alí namorarase dunha pantasma, ou mellor dito en termos de goticismo mediterráneo cinematográfco, dunha muller sen rostro emparedada en vida.

Durante esa parte, o filme é unha pequena marabilla que homenaxea o Antonio Margheriti de 'Danza macabra' (1963): voces,necroflia, irrealidade, autómatas e ata unha anana-sibila clave para o xiro argumental que se aveciña. Ogallá Tornatore non fose el mesmo, e falsificase sen mala conciencia.