miércoles, 8 de septiembre de 2010

Curtocircuito

O festival +Curtocircuíto exhibe curtos de 21 países ata decembro


O outono cinematográfico de Santiago adiántase un pouco á estación e arranca esta semana co festival +Curtocircuíto. Onte exhibíronse as curtametraxes aglutinadas na sección de cine fantástico internacional, que se centra "en acontecementos prohibidos, estrañas e alarmantes". Este ano a programación do festival inclúe ademais cine fantástico español, curtos nominados aos premios da Academia de Cine Europeo, cine cubano, da zona da lusofonía, dos premios Goya da pasada edición e unha sección para público novo de entre 11 e 14 anos.


O director do certame, Tim Redford, explicou na presentación que se proxectarán un total de 52 curtos que proceden de 21 países. Dende setembro ata finais de decembro as oito seccións do festival proxectaranse no Auditorio de Galicia e repetiranse en catro centros culturais da cidade co fin de dar unha segunda oportunidade e achegar as pezas ao público. A entrada é gratuíta.

Este programa retoma a proxección de curtos tras a semana oficial de concurso que se celebra en maio e o Curtocircuíto na Rúa, que durante o verán exhibe pezas na zona monumental da cidade.

As oportunidades para ver cine continúan en Santiago o 23 de outubro co festival de cine árabe Amal e a 24ª edición de Cineuropa que encherá o mes de novembro con películas de todo o mundo baixo a premisa de cine comprometido, de calidade e que permita obter unha visión máis ampla do mundo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario