O próximo xoves 3 ás 21:30 comezamos un novo ciclo no Cineclub Poleiro (Goián), coa proxección de "El Concierto", do director rumíano Radu Mihaileanu.
Ficha
Título orixinal: Le concert. Dirección: Radu Mihaileanu. Países: Francia, Italia, Romanía e Bélxica. Ano: 2009. Duración: 119 min. Xénero: Comedia, musical. Interpretación: Alexei Guskov (Andrei),Mélanie Laurent (Anne-Marie), Dimitri Nazarov (Sacha), Valeri Barinov (Iván), Miou-Miou (Guylène), François Berléand (Olivier),Anna Kamenkova (Irina), Lionel Abelanski. Guión: Radu Mihaileanu; coa colaboración de Matthew Robbins e Alain-Michael Blanc; baseado nun argumento de Héctor Cabello Reyes e Thierry Degrandi. Produción: Alain Attal. Música: Armand Amar. Fotografía:Laurent Dailland. Montaxe: Ludovic Troch. Deseño de produción:Christian Niculescu e Stanislas Reydellet. Vestiario: Viorica Petrovici e Maira Ramedhan Lévy. Distribuidora: Vertixe Films.
Sinopse
Os días de maior gloria para Andrei Filipov pasaron. O que fora o mellor director de orquestra da Unión Soviética tivo que renunciar ao seu posto na Bolshoi de Moscú, tras negarse a prescindir dos seus músicos xudeus, tamén amigos. Tres décadas despois, Filipové o limpador da Bolshoi e, accidentalmente, descobre un fax que é unha carta do Teatro de Châtelet invitando a orquestra oficial a dar un concerto en París. Filipov, entón, embárcase nunha empresa suicida: reunir os seus vellos amigos e levalos ata a capital francesa, facéndose pasar pola devandita orquestra e intentando así recuperar, nun gran concerto, a gloria dun pasado mellor.