O galego Óliver Laxe, único director español seleccionado en Cannes.
Xa se sabía, pero o festival fíxoo oficial onte na súa páxina web. Todos vós sodes capitáns, a primeira longametraxe do cineasta coruñés Óliver Laxe, rodado en Tánxer (Marrocos), é unha das 22 películas incluídas na Quincena de Realizadores de Cannes. A sección, fóra de concurso, é o espazo que o certame francés reserva, dende 1969, para favorecer a eclosión de novos autores e apoiar a diversidade cinematográfica. A fita opta tamén á Cámara de Ouro, o premio reservado aos mellores debuts.
"Na Quincena prima un cine comprometido co propio cine", resumiuLaxe (París, 1982), fillo de emigrantes lugueses, satisfeito " e sobre todo en paz". "A partir de agora será máis doado facer o meu traballo". Na mesma sección, organizada durante o festival -do 12 ao 23 de maio-, se visionado algúns das primeiras películas de Fassbinder, Herzog, Jarmusch ou Scorsese.
É o único director español que presenta película en Cannes, onde en 2009 desfilaron Almodóvar, Coixet e Amenábar. A coprodución La mirada invisible, de Diego Lerman, e o papel de Javier Bardem en Biutiful, a película de Alejandro Iñárritu, completan a representación estatal este ano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario