Onte xoves 2 de decembro, podemos ver grazas ao Cine Club Poleiro esta xoia do grande Orson Welles, director que nos deixou títulos míticos na historia do cinema coma por exemplo "Citizen Kane" (1941),"Macbeth" (1948) ou o que fai referencia a crítica abaixo referida "Touch of Evil" (1958).
Crítica en Film Affinity
Un bo home, un mal policía...
Barroca ata os miolos, "Sed de mal" é quizais a mellor película realizada por Orson Welles. A razón de que o mestre filmará esta xoia do cine tena Charlton Heston. En nun primeiro momento Welles só estaba contemplado para interpretar a Hank Quinlan, pantagruélico policía que camiña pesadamente entre o fío do legal e ilegal para lograr os seus propósitos; pero Heston, no cume da súa carreira, entendeu que sería Welles quen o dirixira e aínda que non era así mantivo esta esixencia e logrou que o mestre filmase unha das mellores películas da historia do cine.
Intriga criminal desenvolvida nun pobo fronteirizo entre EE.UU e México, que enfronta a un Quinlan, amargado e fascista, co seu contrario, Vargas (Heston), inquebrantable na súa honradez e limpo nos seus métodos (ironías do cine). A primeira secuencia pasou con xustiza á historia do cine. Un plano secuencia de case tres minutos (agora na versión "director's cut" podémola ver sen os títulos de crédito que "ensuciaban" esta xoia) que comezando por un plano detalle dunha bomba de reloxaría percorre toda a linguaxe cinematográfica ata rematar na explosión que iniciará todo a intriga e a chegada do fascinante Hank Quinlan.

A película é un exercicio alucinóxeno, cunha atmosfera pesada, xenialmente fotografada por Russell Mety, que nos transportará a un universo bizarro e putrefacto, con encadres que subliñan dende a trama ás características dos principais personaxes. Esta posta en escena, enche de encadres asombrosos e movementos de cámara para nada gratuítos e dunha modernidade asombrosa, destilan o zume que só un xenio como Welles posuía. Mostra disto, sería a última secuencia, un exercicio visual e sonoro que resume o ton alucinante que preside esta película de cine negro, negro.
A actuación de Welles é estremecedora, chea dunha hondura psicolóxica que logra achegarte a ese ser monstruoso que é Quinlan. Tamén encontramos unha Janet Leigh, "prep-sicosis", como esposa do comisario Vargas e tamén acosada nun motel; e a un Akim Tamiroff como o mafioso mexicano, Tío Joe Grandi. Conta tamén cunha serie de cameos: Mercedes McCambridge, Cotten, Zsa Zsa Gabor e unha misteriosa Marlene Dietrich, como a xitana Tanya, que dará mostras da súa valía nun pequeno papel que enche toda a pantalla e pecha esta historia cunha frase que resume toda a película: "un bo home, un mal policía".

No hay comentarios:
Publicar un comentario