miércoles, 27 de octubre de 2010

Conocerás al hombre de tus sueños


Título orixinal: You will meet a tall dark stranger. Dirección e guión: Woody Allen. Países: España e USA. Ano: 2010. Duración: 98 min. Xénero: Comedia romántica. Interpretación: Naomi Watts(Sally), Anthony Hopkins (Alfie), Antonio Banderas (Greg), Josh Brolin (Roy), Gemma Jones (Helena), Freida Pinto (Dia), Lucy Punch (Charmaine). Produción: Letty Aronson, Stephen Tenenbaume Jaume Roures. Fotografía: Vilmos Zsigmond. Montaxe: AlisaLepselter. Dirección artística: Jim Clay. Vestiario: Beatrix Aruna Pasztor. Distribuidora: Alta Classics. Estrea en España: 27 Agosto 2010. Apta para todos os públicos.

Sinopse
En "Coñecerás o home dos teus sonos",
Woody Allen achéganos a dous matrimonios, o de Alfie e Helena, e o da súa filla Sally e o seu marido Roy, e móstranos como as súas paixóns, ambicións e obsesións lles van carrexando problemas e desvaríos. Despois de que Alfie deixe a Helena en busca da xuventude perdida e tras as faldras dunha call girl de espírito libre chamada Charmaine, Helenadeixa a un lado a cordura, vira as costas á sensatez e sucumbe aos extravagantes consellos dunha adiviña enganadora. Sally, infeliz no seu matrimonio, vaise namorando de Greg, o atractivo galerista para quen traballa, mentres que Roy, un novelista que agarda con ansiedade a resposta sobre o seu último manuscrito, perde a cabeza por Dia, unha misteriosa descoñecida que esperta a súa atención dende a ventá de en fronte.

"Coñecerás o home dos teus sonos" oculta, tras fachada de comedia lixeira, un amargo ensaio sobre a inmadurez emocional.Allen móstrase impecable nas súas artes de narrador, pero parece renunciar a alcanzar o cine maior do que é capaz.

Woody Allen parece ter estendido, coas súas últimas películas, a crenza entre o público de ser un cineasta maior que aborda unha etapa forxada a base de obras menores. Sería tan doado resgardarse nese veredicto rápido como difícil deterse e comprobar as desconcertantes variacións en todos e cada un deses títulos dispostos en torno a parámetros non moi afastados. Neste sentido, coñecerás ao home dos teus sonos" revélase aínda máis desafiante que as súas predecesoras, presentada baixo a mesma aparencia de comedia lixeira londiniense de "Scoop" (2006), pero afín aos dilemas dostoievskianos de "Match point" (2005) e "Cassandra's Dream" (2007), ao tempo que renega do mal leite e final felicidade capriana da subvalorizada "Se a cousa funciona" (2009).

No hay comentarios:

Publicar un comentario